Antes de rematar o primeiro trimestre Dani, o noso profesor de TIC levounos ao Marco, Museo de Arte Contemporánea deVigo. Alí vimos unha exposición chamada A Balea Negra a cal toma como punto de partida a crise provocada polo buque prestige o 13 de Novembro de 2002. Ademáis de documentar e rememorar esta catástrofe, a exposición fala tamén de problemas máis importantes da nosa actualidade.
A min pareceume unha exposición moi interesante, xa que cando aconteceu esta catástrofe eu tiña soamente seis anos e aínda non era consciente dos problemas que acarreaba o afundimento do prestige. Estas son imaxes da catástrofe:
O verbo procrastinar é un verbo que pouca xente coñece e que significa aplazar, posponer,... unha acción ou tarefa que, sen embargo, non debería ser demorado. Este verbo non é habitual no meu vocabulario pero sen embargo habitualmente practico esta acción; cando teño que facer un traballo, estudar, recoller o meu cuarto, etc. Creo que o mesmo pasa cos meus compañeiros, e moi común entre estudantes ir aplazando as tarefas pouco a pouco ata o último día, aínda a sabendo que non vas ter tempo de facelo todo.