domingo, 16 de diciembre de 2012

OS PODCASTS

¿Que é un podcast?

Un podcast es un archivo de audio (normalmente en formato MP3) al que se puede acceder automaticamente. Pueden ser programas de radio, clases de idiomas, novelas habladas,... A vantaxe é que aobsuscribirse ao podcast os archivos que nos interesan nos chegan directamente ao noso ordenador sen necesidade de ter que bucalos en internet, e os podemos escoitar sempre que queiramos.
Os podcast son maioritariamente gratuitos, un bo programa para xestionar os podcast no ordenador é Juice, para as tablets e smarthphones recomendo a aplicación Podkicker Podcast Player.
Aquí vos deixo un exemplo de podcast, espero que vos guste!

sábado, 15 de diciembre de 2012

VIDEOCLIP

Gústame este videoclip de Pink Floyd porque mestura imaxes da película Pink Floyd The Wall coa cancion Another brick in the wall. Creo que as imaxes van perfectamente combinadas co ritmo da música e paréceme un videoclip moi interesante e invito a todos a que o vexades!

AUDIOSURF!

Hoxe probei un videoxogo chamado audiosurf. Este é un videoxogo musical que consiste en controlar unha nave por unha especie de montaña rusa na que terás que ir conseguindo bloques para gañar puntos. A innovación que tivo este xogo no seu momento é que podes xogar coa canción que ti queras e dependendo da cancion o circuito é diferente. Este é un xogo que recomendo a todo o mundo xa que é moi entretenido!!!



Eu persoalmente non son unha fanatica dos videoxogos pero antes, cando aínda podia dedicar o meu tempo a algo que non fosen os estudios, solía xogar moi a miudo a videoxogos da wii e da play station, así como tamén do pc. Os meus xogos preferidos eran os SIMS 3, GTA: San Andreas e o Kingdom Hearts.
Vos anímo a todos a que os probedes xa que me parecen uns xogos moi divertidos!

Videoxogo Kingdom Hearts
Videoxogo os sims 3
GTA : San Andreas











sábado, 8 de diciembre de 2012

O CASO DE PABLO HERREROS

Fai aproximadamente un ano o bloggero Pablo Herreros pediu, con éxito, a retirada dos anunciantes do programa "La Noria" de Telecinco por pagar a entrevista que se fixo neste programa a nai de El Cuco, un dos implicados no caso da xoven Marta del Castillo. Esta petición foi aceptada con éxito e moitos anunciantes retiraron a súa publicidade, o programa "La Noria" tras 5 anos de éxito foi trasladado ao late night e posteriormente retirado.
Case un ano máis tarde a cadena Mediaset España decide presentar unha querella contra o bloggero Pablo Herreros por coaccións e ameazas."Estoy plenamente convencido de que no realicé ninguna presión o amenaza sobre las marcas, limitándome exclusivamente a trasladarles mi opinión y la de muchos otros" defende Herreros.
Finalmente a cadea retirou esta demanda devido a un acordo entre ás partes e a presión social exercida de novo mediante blogs, redes sociais, etc.

Respecto a este tema penso que esta querella imposta por Mediaset España non ten cabida, xa que creo que todo o mundo ten dereito a expresar libremente a súa opinión. E estou plenamente de acordo con Pablo Herreros en que ningún criminal, delincuente  ou os seus cercanos deberían lucrarse por contar os seus delitos na televisión.





jueves, 6 de diciembre de 2012

ENQUISA!

Esta é unha enquisa que fixemos a miña compañeira María e eu para a clase de TIC. É unha enquisa sobre a  TV que grabamos e posteriormente editamos co programa Audacity e espero que vos guste!