sábado, 8 de diciembre de 2012

O CASO DE PABLO HERREROS

Fai aproximadamente un ano o bloggero Pablo Herreros pediu, con éxito, a retirada dos anunciantes do programa "La Noria" de Telecinco por pagar a entrevista que se fixo neste programa a nai de El Cuco, un dos implicados no caso da xoven Marta del Castillo. Esta petición foi aceptada con éxito e moitos anunciantes retiraron a súa publicidade, o programa "La Noria" tras 5 anos de éxito foi trasladado ao late night e posteriormente retirado.
Case un ano máis tarde a cadena Mediaset España decide presentar unha querella contra o bloggero Pablo Herreros por coaccións e ameazas."Estoy plenamente convencido de que no realicé ninguna presión o amenaza sobre las marcas, limitándome exclusivamente a trasladarles mi opinión y la de muchos otros" defende Herreros.
Finalmente a cadea retirou esta demanda devido a un acordo entre ás partes e a presión social exercida de novo mediante blogs, redes sociais, etc.

Respecto a este tema penso que esta querella imposta por Mediaset España non ten cabida, xa que creo que todo o mundo ten dereito a expresar libremente a súa opinión. E estou plenamente de acordo con Pablo Herreros en que ningún criminal, delincuente  ou os seus cercanos deberían lucrarse por contar os seus delitos na televisión.





No hay comentarios:

Publicar un comentario