domingo, 16 de junio de 2013

V DE VENDETTA


V de Vendetta é o último filme que vimos en clase de TIC. Eu nunca a mirara e pereceume unha película increíble. Está ambientada nun futuro onde a sociedade británica languidece baixo a opresión dun réximen autoritario. Este filme fala de política,de liberdades perdidas e de como recuperalas.
Devido a este goberno totalitario, a sociedade está totalmente controlada ata o punto de que toda a información está manipulada polo este. 
Este tema abre un debate sobre se é bo que o goberno ou as empresas podan controlar ou filtrar a  información que chega aos cidadans para garantir unha maior seguridade na sociedade e ata que punto ten que haber liberdade de información nunha sociedade democrática.
Na miña opinión a información debería ser transparente é todo o mundo tería que poder enterarse do que de verdade pasa no mundo, xa que a manipulación ou filtración da información conleva que a xente pense o que lle convén ao goberno e non teñan información sufuciente para poder sacar as súas propias conclusions.

GIF


RETOQUE FOTOGRÁFICO

O retoque fotográfico é unha practica moi habitual actualmente, pero o que moita xente non sabe é que xa se levaba acabo nos séculos XX e XIX como podemos observar nas seguintes fotografías:





Actualmente,o retoque fotográfico está moi de moda e o levan a cabo moitas revistas e xornais. Este feito pode levarnos a pensar en que a información publicada nos xornais tamén pode estár manipulada. Para evitar que xente a xente pense isto deberían especificar que a foto está retocada. E ao igual que os xornais deberíano facer todas ás publicacións que ofrezan aos seus lectores imaxes retocadas. Estos son algúns exemplos de imaxes retocadas:




      


LICENCIAS CREATIVE COMMONS

Estes días na clase de TIC estivemos falando sobre as licenzas CreativeCommons.
Creative Commons é unha organización sen ánimo de lucro que permite a autores e creadores compartir voluntariamente o seu traballo, entregándolles licencias e ferramentas libres que lles permitan aproveitar ao máximo toda a ciencia, conocemento e cultura disponible en Internet. Creative Commons lanzou unha serie de licenzas (CC), principalmente como un movemento de oposición ao copyright, que revolucionaron o exercicio dos dereitos de propiedade en Internet. Estas licencias estandarizadas facilitan que o autor autorice o uso e a explotación das súas obras publicadas en Internet.

Se vos interesa coñecer máis sobre o tema das licenzas Creative Commons pinchade aquí.


Cando baixo unha peli por internet, ou a vexo en

páxinas tipo pelisyonkis, estou infrinxindo a lei?

Na miña opinión non estás infrinxindo a lei sempre que o fagas nun país que non prohíba este tipo de actividades ou que non teña unha lei clara sobre este tema, como España. Éste é un tema moi delicado e complexo, e creo que nalgún momento habera que decidir entre ter un internet seguro pero moi restrictivo ou un internet libre con menor seguridade.

sábado, 15 de junio de 2013

REPORTAXE FOTOGRÁFICO

Este video nos ensina "as cores de A Bouza". A Bouza é bonito parque que temos no barrio de Coia e polo que ao longo dos anos se loitou moito para que non se destruíse. Espero que vos guste este bonito parque.

BESBELLO SALTON

O besbello saltón é o nome da revista do meu instituto. Cada ano faise un concurso para escoller a mellor portada (feita polos alumnos do IES) para a revista. Esta foi a portada que fixen eu.

SPAM

El spam o correo basura son mensajes no solicitados, no deseados o de remitente no conocido, habitualmente de tipo publicitario, generalmente enviados en grandes cantidades y que perjudican de alguna manera al receptor. Los spam se suelen enviar desde direcciones falsas u ocultas robando el ancho de banda de proveedores que tienen abierto el puerto de envío de sus servidores de correo. Las redes inalámbricas en su mayoría desprotegidas son también usadas por los spammers. Los spam son enviados por gente que usurpa la personalidad de otra persona para beneficiarse o para causarle algún daño. Éstos constituyen sus listas de contactos de diversas formas:empleando motores de búsqueda de direcciones que son de acceso público; con los mensajes en cadena en los que se solicita al receptor que reenvíe el e-mail al mayor número de direcciones posibles...
Estafa nigeriana: esta estafa consiste en ilusionar a la víctima con una fortuna inexistente y persuadirla para que pague una suma de dinero por adelantado, como condición para acceder a la supuesta fortuna. Las sumas solicitadas son bastante elevadas, pero insignificantes comparadas con la fortuna que las víctimas esperan recibir.
 Anuncios de perros: esta estafa consiste en un mensaje en el que aparece imágenes de unos perros que llaman la atención por su belleza y en el que explican que los tienen que vender lo antes posible porque no pueden mantenerlos y los van a sacrificar. Al final del mensaje dicen que si no estás interesado que lo reenvíes a tus contactos por lo que el spam se va a propagar.
Scrammer rusa: una chica de otro país se interesa por ser amiga de otra persona y establece una conversación mediante mensajes con ella. Transcurrido un tiempo hablando juntos dice que quiere conocer a esa persona y que va a viajar a su país pero no tiene el suficiente dinero como para ello por lo que la persona va a tener que pagarle el viaje y a su vez ella lo recompensará (sexualmente). 
Phising: os estafadores se hacen pasar por un negocio y tratan de engañarle para que les de su información personal. No responda mensajes de correo electrónico, mensajes de texto ni anuncios que le pidan su información personal o financiera. No haga clic sobre los enlaces electrónicos de los mensajes aunque el mensaje parezca ser de una organización en la que usted confía.

PREZI

A miña compañeira María e mais eu fixemos un prezi,unha nova forma de facer presentacións, espero que vos guste.





viernes, 14 de junio de 2013

martes, 11 de junio de 2013

HOAX

Un hoax ou bulo en galego, é un correo electrónico distribuído en forma de cadea co obxetivo de facer creer aos lectores, que algo falso é real. A diferenza con outras ameazas é que os bulos non poseen fins lucrativos. O seu contido é moi variable, pode ser dende unha alerta de virus ata historias solidarias sobre xente con enfermidades estranas, lendas urbanas ou decretos para facerse millonario.
As motivacións para lanzar esta serie de bulos son:
  • Xerar medo, inseguridade ou dúbida entre os receptores.
  • Armar bases de direccions de correo electrónico para posteriormente enviarlles spam.
  • Alimentar o ego creador ao ver que o seu correo da a volta ao mundo.
  • Confundir ao lector.
As principais características dos hoax que nos poden axudar a recoñecelos son:

  • Estar escritos cunha redacción poco profesional, cun vocabulario simple e sen firma.
  • Invitar ao usurario a reenviar o email aos seus contactos.
  • O remitente é alguén de confianza devido a que está enviado voluntariamente por vívtimas que caeron no engano.
  • Non conteñen información temporal específica para así poder ser reenviados por un tempo indeterminado.
  • A noticia pode ser impactante pero non apareceu nunca en medios fiables de comunicación.
  • Algúns deles indican un beneficio ou donación por cada vez que se reenvíe o mensaxe.


Exemplos de hoax:

  • Cadeas de sorte.
  • Cadeas de solidaridad.
  • Alertas de virus.
  • Regalos de grandes compañías.
  • Métodos de hacerse millonario.
  • Mensaxes de temática relixiosa.
  • Lendas urbanas.
  • Poemas e mensaxes de amor.
  • Chistes e fotos que circulan en cadea.
  • Mensaxes para unirte a programas afiliados.
O que debes facer se recibes un hoax é non reenvialo, borralo directamente.ouno caso de querer reenvialo, facelo ocultando as direccións dos emails.




lunes, 6 de mayo de 2013

FOTO IES RETOCADA

O que fixemos con esta imaxe do IES foi retocala mediante o programa GIMP, na imaxe de abaixo (a orixinal) podemos observar os elementos retocados.




O NOSO INSTITUTO

Nesta foto o que fixemos a miña compañeira María e máis eu foi poñerlle ao instituto o noso nome mediante o programa GIMP.



miércoles, 1 de mayo de 2013

FOTO E LETRAS

No GIMP retoquei esta imaxe na que coloquei nas letras unha imaxe dun gato, espero que vos guste!

FOTO GATO

Retoquei esta imaxe co programa GIMP, o que fixen foi colorearlle a esta foto do gato, que está en tono de grises, os ollos e o fouciño.

martes, 9 de abril de 2013

LOGOS

Hoxe estiven facendo uns logos para o blog coa miña compañeira de clase María no programa gimp. Éstes son os resultados:


Este logo ten unhas dimensións 1469x248 e o nome do logo é "Paisaje Estelar"





Este logo ten unhas dimensións de 1231x169 e o nome do logo é "Calor Resplandeciente"







Este logo ten unhas dimensións de 1382x234 e o nome do logo é "Texturizado"


viernes, 15 de marzo de 2013

STORYBOARD

Hoxe publico o storyboard que realizou o meu grupo para a clase de TIC. No video se pode ver unha sucesiñon de imaxes onde un mozo que está xogando ao baloncesto tira un pelota co pé e a encesta. Espero que vos guste!  

miércoles, 13 de marzo de 2013

PINTEREST E LINKEDIN

Pinterest e Linkedin son duas redes sociais que acabo de coñecer, vou a falar un pouco de elas e explicarvos en qué consisten.

Pinterest
Pinterest é unha páxina web para compartir fotos, permite aos usuarios crear unha especie de tabloleiro onde colgas coleccións de cousas que teñen algún tipo de interes para ti, estas coleccións poden ser ordenadas mediante categorías segundo os teus gustos. Os taboleiros poden ser vistos polos teus amigos e por todo o mundo e poden facelo favorito e incluso facer "pin" e añadilo ás suas propias coleccións.


Para mais información sobre Pinterest  podédes pinchar aquí.


Linkedin
Linkedin é unha rede social de perfil profesional. O teu perfil en Linkedin é o teu curriculum online polo que podrás actualizalo constantemente. Linkedin serve para buscar empresas e empleos, facer networking, para conversar e compartir coñecementos, manterse en contacto con compañeiros do traballo e amigos,...



Máis información aquí.

 Podédes contactar conmigo en ambas redes sociais introducindo o meu nome no buscador: Carla Alvite Álvarez, vos animo a usala e espéro que vos guste!

CHISTE

Hoxe no blog vou publicar un chiste que nos contou o meu amigo Pedro e foi grabado cumplindo as normas básicas das entrevistas... Espero que vos guste!




sábado, 9 de marzo de 2013

HISTORIA DE AMOR - VIDEO TIC

Como xa dixen na entrada anterior, na clase de TIC estamos grabando videos, esta vez grabamos dous videos e os xuntamos no editor de Youtube, tamén lle pusemos música. O video conta á historia de dous rapaces que se namoran e manteñen unha relación.  Os actores somos o meu amigo Pedro e mais eu, espero que vos guste!


ESCENA AMERICANA - VIDEO TIC

O meu grupo de clase e eu grabamos a típica escea americana onde dous estudantes de instituto chocan, a moza caenselle os papeis ao chan e cando os vai a recoller os dous se enamoran. Despois o subimos a youtube e o editamos co seu editor de videos poñendo música e aplicando varios filtros . Este é o resultado:



A continuación porei o mesmo vídeo con distintos filtros do editor de youtube:






domingo, 17 de febrero de 2013

CÓMO CONOCÍ A VUESTRA MADRE



Cómo conocía a vuestra madre, título orixinal How I Met Your Mother, é unha serie estadounidense creada por Craigh Thomas e Carter Bays estrenada o 19 de Semprembro do 2005. Actualmente xa vai pola novena temporada. Os seus actores principais son: 

Josh Radnor.




Josh Radnor interpreta a Ted Mosby ,o protagonista da serie, que decide contar aos seus fillos cómo conoceu a nai destos.





Neil Patrick Harris.




Neil Patric Harris interpreta a Barney Stinson, un dos mellores amigos de Ted Mosby e un dos persoaxes, na miña opinión, máis carismático da serie.






Cobie Smulders.








Cobie Smulders interpreta a Robin Scherbatsky, unha reportera canadiense que ao longo da serie mantén unha relación con Ted Mosby e faise moi boa amiga do grupo. 





Alyson Hannigan.




Alyson Hannigan interpreta a Lily Aldrin, noiva de Marshall e moi amiga do grupo.






Jason Segel.








Jason Segel interpreta a Marshall Eriksen, amigo de Ted Mosby dende a universidad, cásase con Lily.

En 2030, o arquitecto Ted Mosby decide contarlle aos seus dous fillos a historia de como conoceu á nai destos. Así, trasladase ata 2001, ano no que dos dos seus mellores amigos, Marshall e Lily deciden casarse tras nove anos como parella. Esa decisión fai que Ted, soltero empedernido ao igual que o seu outro amigo Barney, decida buscar ao amor da sua vida. Curiosamente, aparece nese momento da sua vida a reporteira canadiense e nova amiga do grupo Robin, a cal parece que ten todas as papeletas de ser a nai dos rapaces. A serie nos atrapa xa que nunca se da desvelado quen é a nai, é cando por fin parece que todo está por fin resolto damonos conta de que non. Isto xunto coas divertidas aventuras que viven os protagonistas fan da serie unha comedia espectacular!




Esta é a intro da serie :




Neste enlace podedes ver todos os capítulos da serie Como conocí a vuestra madre. Espero que vos guste!

sábado, 16 de febrero de 2013

AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Na seguinte ligazón a Agencia Española de Protección de Datos (AGPD) a cal se encarga ,como ben di o seu nome, da protección de datos de todos os españoles, explica os dereitos dos nenos e nenas menores de 14 anos a protexer a súa información persoal e da información aos país de como facer esto posible.

No seguinte vídeo a AGPD támen nos explica os nosos dereitos de maneira máis breve e amena:






Despois de leer as recomendacións da Agencia Española de Protección de Datos e visionar este vídeo podemos opinar ante a seguinte realidade:

Moitas escolas decidiron non subir fotos das actividades escolares coma o entroido, festival de nadal,saídas,... á web do centro por medo a unha posible reclamación dos pais do alumnado por incumplir a Ley Orgánica de Protección de Datos. Noutras suben as fotos de maneira "ilegal" sen o consentimento dos pais. Por outra banda tamén existen centros onde á hora de cubrir a matrícula informan de que estás dando o teu consentimento para que os seus fillos podan ser fotografíados nas actividades do centro e estas fotos podan ser subidas a web do centro.
Dende a miña perspectiva esta terceira opción é a máis correcta xa  que deste xeito o centro non pode ser denunciado por subir as fotos de actividades escolares e os pais que non estén de acordo con que este tipo de fotografías se fagan publicas poden matricular aos seus fillos noutros centros nos que non se sacan fotos.
Se eu fose a nai dun alumno non me importaría que sacasen fotos das actividades do centro e que o meu filla saíse nelas. De feito pareceríame ben xa que iso permite aos pais saber o que fan os rapaces no colexio e esa foto poderia gardala de recordo para cando o meu fillo fose maior.

lunes, 11 de febrero de 2013

SHOW DE TRUMAN

Hai unhas semanas vimos na clase de TIC a película "EL SHOW DE TRUMAN" un filme estadounidense de 1998 dirixido por Peter Weir e protagonizada por Jim Carrey. No ano do seu estreno o filme obtuvo tres  nominacións aos Óscars unha delas por mellor guión orixinal , éste foi escrito por Andrew Niccol. É unha pelicula do xénero comedia dramática - ciencia-ficción e ten unha duración de 103 minutos. Esta valorada en IMDb cun 8 sobre 10.
Póster The Truman Show




Esta película xira en torno a un reality show que emite ininterrumpidamente a vida de Truman, o seu protagonista, dende antes de nacer e ata que éste se da conta de que ésta sendo grabado. Truman vive nunha cidade tranquila, onde nunca pasa nada pero de súpeto, unha serie de extranos acontecementos o fan  sospeitar de que está sendo observado e levanno a descubrir que dende o seu nacemento é o protagonista dun reality show e que todos os que consideraba amigos non son máis que simples actores.
Persoalmente pareceume unha película increible, que realmente fainos reflexionar sobre o mundo no que vivimos. A miña escena favorita do filme e a última escena na que Cristof, o director do reality show, trata de convenver a Truman de que se quede no programa alegando que él creou un mundo mellor o exclusivamente para él, pero Truman decide abandonar todo ese "circo" e comezar de cero a súa vida.
O show de Truman fainos pensar sobre a manipulación de todos os programas televisivos e sobre o morbosas que somos as persoas que aínda coñecendo que Truman esta vivindo nunha mentira seguen dandolle audiencia a ese programa para ver a intimidade de este pobre home. Onde estan os límites e a ética na programación televisiva? No ano do estreno da película este tipo de reality shows non podían concebirse como unha realidade pero, ocorre o mesmo actualmente? Todo comezou con programas como Gran Hermano ( o cal en España xa vai pola sua décimo cuarta edición) pero moitos destes programas xa non son capaces de satisfacer a poboación porque cada vez están máis manipulados e non dan a sensación de realidade que a xente demanda.  Por isto cada vez se da un paso máis neste tipo de programas, o último é gravar a vida de unha familia pobre co fin de que a xente poida ver as súas calamidades e o  seguinte podería ser gravar un "show de Truman". 
Pero, de quen é a verdadeira culpa de exista este tipo de programas televisivos? Dunha audiencia que os demanda ou dunhas empresas que a ofertan libremente? 
Na miña opinión é como a pescadilla que morde a cola, se á audiencia non lle interesase o tele-lixo as empresas de comunicación non crearían este tipo de programación televisiva xa que ninguén a vería ; e por outra banda se os medios de comunicación non a ofertasen a xente non tería a opción de vela ou non. Esto levame a pensar que a maior parte da culpa a ten a audiencia que por unhas razóns ou outras ( simpatizar cos concursantes, por morbo, por aburrimento,...) os demandan.


Se vos interesa o tema recomendo que leades varias páxinas webs:




lunes, 28 de enero de 2013

VISITA AO MARCO

Antes de rematar o primeiro trimestre Dani, o noso profesor de TIC levounos ao Marco, Museo de Arte Contemporánea deVigo. Alí vimos unha exposición chamada A Balea Negra a cal toma como punto de partida a crise provocada polo buque prestige o 13 de Novembro de 2002. Ademáis de documentar e rememorar esta catástrofe, a exposición fala tamén de problemas máis importantes da nosa actualidade.

MARCO- A Balea Negra




A min pareceume unha exposición moi interesante, xa que cando aconteceu esta catástrofe eu tiña soamente seis anos e aínda non era consciente dos problemas que acarreaba o afundimento do prestige. Estas son imaxes da catástrofe:







Estas son algunhas das obras da exposición:





martes, 15 de enero de 2013

Verbo PROCRASTINAR

O verbo procrastinar é un verbo que pouca xente coñece e que significa aplazar, posponer,... unha acción ou tarefa que, sen embargo, non debería ser demorado. Este verbo non é habitual no meu vocabulario pero sen embargo habitualmente practico esta acción; cando teño que facer un traballo, estudar, recoller o meu cuarto, etc. Creo que o mesmo pasa cos meus compañeiros, e moi común entre estudantes ir aplazando as tarefas pouco a pouco ata o último día, aínda a sabendo que non vas ter tempo de facelo todo.