domingo, 17 de febrero de 2013

CÓMO CONOCÍ A VUESTRA MADRE



Cómo conocía a vuestra madre, título orixinal How I Met Your Mother, é unha serie estadounidense creada por Craigh Thomas e Carter Bays estrenada o 19 de Semprembro do 2005. Actualmente xa vai pola novena temporada. Os seus actores principais son: 

Josh Radnor.




Josh Radnor interpreta a Ted Mosby ,o protagonista da serie, que decide contar aos seus fillos cómo conoceu a nai destos.





Neil Patrick Harris.




Neil Patric Harris interpreta a Barney Stinson, un dos mellores amigos de Ted Mosby e un dos persoaxes, na miña opinión, máis carismático da serie.






Cobie Smulders.








Cobie Smulders interpreta a Robin Scherbatsky, unha reportera canadiense que ao longo da serie mantén unha relación con Ted Mosby e faise moi boa amiga do grupo. 





Alyson Hannigan.




Alyson Hannigan interpreta a Lily Aldrin, noiva de Marshall e moi amiga do grupo.






Jason Segel.








Jason Segel interpreta a Marshall Eriksen, amigo de Ted Mosby dende a universidad, cásase con Lily.

En 2030, o arquitecto Ted Mosby decide contarlle aos seus dous fillos a historia de como conoceu á nai destos. Así, trasladase ata 2001, ano no que dos dos seus mellores amigos, Marshall e Lily deciden casarse tras nove anos como parella. Esa decisión fai que Ted, soltero empedernido ao igual que o seu outro amigo Barney, decida buscar ao amor da sua vida. Curiosamente, aparece nese momento da sua vida a reporteira canadiense e nova amiga do grupo Robin, a cal parece que ten todas as papeletas de ser a nai dos rapaces. A serie nos atrapa xa que nunca se da desvelado quen é a nai, é cando por fin parece que todo está por fin resolto damonos conta de que non. Isto xunto coas divertidas aventuras que viven os protagonistas fan da serie unha comedia espectacular!




Esta é a intro da serie :




Neste enlace podedes ver todos os capítulos da serie Como conocí a vuestra madre. Espero que vos guste!

sábado, 16 de febrero de 2013

AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Na seguinte ligazón a Agencia Española de Protección de Datos (AGPD) a cal se encarga ,como ben di o seu nome, da protección de datos de todos os españoles, explica os dereitos dos nenos e nenas menores de 14 anos a protexer a súa información persoal e da información aos país de como facer esto posible.

No seguinte vídeo a AGPD támen nos explica os nosos dereitos de maneira máis breve e amena:






Despois de leer as recomendacións da Agencia Española de Protección de Datos e visionar este vídeo podemos opinar ante a seguinte realidade:

Moitas escolas decidiron non subir fotos das actividades escolares coma o entroido, festival de nadal,saídas,... á web do centro por medo a unha posible reclamación dos pais do alumnado por incumplir a Ley Orgánica de Protección de Datos. Noutras suben as fotos de maneira "ilegal" sen o consentimento dos pais. Por outra banda tamén existen centros onde á hora de cubrir a matrícula informan de que estás dando o teu consentimento para que os seus fillos podan ser fotografíados nas actividades do centro e estas fotos podan ser subidas a web do centro.
Dende a miña perspectiva esta terceira opción é a máis correcta xa  que deste xeito o centro non pode ser denunciado por subir as fotos de actividades escolares e os pais que non estén de acordo con que este tipo de fotografías se fagan publicas poden matricular aos seus fillos noutros centros nos que non se sacan fotos.
Se eu fose a nai dun alumno non me importaría que sacasen fotos das actividades do centro e que o meu filla saíse nelas. De feito pareceríame ben xa que iso permite aos pais saber o que fan os rapaces no colexio e esa foto poderia gardala de recordo para cando o meu fillo fose maior.

lunes, 11 de febrero de 2013

SHOW DE TRUMAN

Hai unhas semanas vimos na clase de TIC a película "EL SHOW DE TRUMAN" un filme estadounidense de 1998 dirixido por Peter Weir e protagonizada por Jim Carrey. No ano do seu estreno o filme obtuvo tres  nominacións aos Óscars unha delas por mellor guión orixinal , éste foi escrito por Andrew Niccol. É unha pelicula do xénero comedia dramática - ciencia-ficción e ten unha duración de 103 minutos. Esta valorada en IMDb cun 8 sobre 10.
Póster The Truman Show




Esta película xira en torno a un reality show que emite ininterrumpidamente a vida de Truman, o seu protagonista, dende antes de nacer e ata que éste se da conta de que ésta sendo grabado. Truman vive nunha cidade tranquila, onde nunca pasa nada pero de súpeto, unha serie de extranos acontecementos o fan  sospeitar de que está sendo observado e levanno a descubrir que dende o seu nacemento é o protagonista dun reality show e que todos os que consideraba amigos non son máis que simples actores.
Persoalmente pareceume unha película increible, que realmente fainos reflexionar sobre o mundo no que vivimos. A miña escena favorita do filme e a última escena na que Cristof, o director do reality show, trata de convenver a Truman de que se quede no programa alegando que él creou un mundo mellor o exclusivamente para él, pero Truman decide abandonar todo ese "circo" e comezar de cero a súa vida.
O show de Truman fainos pensar sobre a manipulación de todos os programas televisivos e sobre o morbosas que somos as persoas que aínda coñecendo que Truman esta vivindo nunha mentira seguen dandolle audiencia a ese programa para ver a intimidade de este pobre home. Onde estan os límites e a ética na programación televisiva? No ano do estreno da película este tipo de reality shows non podían concebirse como unha realidade pero, ocorre o mesmo actualmente? Todo comezou con programas como Gran Hermano ( o cal en España xa vai pola sua décimo cuarta edición) pero moitos destes programas xa non son capaces de satisfacer a poboación porque cada vez están máis manipulados e non dan a sensación de realidade que a xente demanda.  Por isto cada vez se da un paso máis neste tipo de programas, o último é gravar a vida de unha familia pobre co fin de que a xente poida ver as súas calamidades e o  seguinte podería ser gravar un "show de Truman". 
Pero, de quen é a verdadeira culpa de exista este tipo de programas televisivos? Dunha audiencia que os demanda ou dunhas empresas que a ofertan libremente? 
Na miña opinión é como a pescadilla que morde a cola, se á audiencia non lle interesase o tele-lixo as empresas de comunicación non crearían este tipo de programación televisiva xa que ninguén a vería ; e por outra banda se os medios de comunicación non a ofertasen a xente non tería a opción de vela ou non. Esto levame a pensar que a maior parte da culpa a ten a audiencia que por unhas razóns ou outras ( simpatizar cos concursantes, por morbo, por aburrimento,...) os demandan.


Se vos interesa o tema recomendo que leades varias páxinas webs: