sábado, 16 de febrero de 2013

AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Na seguinte ligazón a Agencia Española de Protección de Datos (AGPD) a cal se encarga ,como ben di o seu nome, da protección de datos de todos os españoles, explica os dereitos dos nenos e nenas menores de 14 anos a protexer a súa información persoal e da información aos país de como facer esto posible.

No seguinte vídeo a AGPD támen nos explica os nosos dereitos de maneira máis breve e amena:






Despois de leer as recomendacións da Agencia Española de Protección de Datos e visionar este vídeo podemos opinar ante a seguinte realidade:

Moitas escolas decidiron non subir fotos das actividades escolares coma o entroido, festival de nadal,saídas,... á web do centro por medo a unha posible reclamación dos pais do alumnado por incumplir a Ley Orgánica de Protección de Datos. Noutras suben as fotos de maneira "ilegal" sen o consentimento dos pais. Por outra banda tamén existen centros onde á hora de cubrir a matrícula informan de que estás dando o teu consentimento para que os seus fillos podan ser fotografíados nas actividades do centro e estas fotos podan ser subidas a web do centro.
Dende a miña perspectiva esta terceira opción é a máis correcta xa  que deste xeito o centro non pode ser denunciado por subir as fotos de actividades escolares e os pais que non estén de acordo con que este tipo de fotografías se fagan publicas poden matricular aos seus fillos noutros centros nos que non se sacan fotos.
Se eu fose a nai dun alumno non me importaría que sacasen fotos das actividades do centro e que o meu filla saíse nelas. De feito pareceríame ben xa que iso permite aos pais saber o que fan os rapaces no colexio e esa foto poderia gardala de recordo para cando o meu fillo fose maior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario