lunes, 11 de febrero de 2013

SHOW DE TRUMAN

Hai unhas semanas vimos na clase de TIC a película "EL SHOW DE TRUMAN" un filme estadounidense de 1998 dirixido por Peter Weir e protagonizada por Jim Carrey. No ano do seu estreno o filme obtuvo tres  nominacións aos Óscars unha delas por mellor guión orixinal , éste foi escrito por Andrew Niccol. É unha pelicula do xénero comedia dramática - ciencia-ficción e ten unha duración de 103 minutos. Esta valorada en IMDb cun 8 sobre 10.
Póster The Truman Show




Esta película xira en torno a un reality show que emite ininterrumpidamente a vida de Truman, o seu protagonista, dende antes de nacer e ata que éste se da conta de que ésta sendo grabado. Truman vive nunha cidade tranquila, onde nunca pasa nada pero de súpeto, unha serie de extranos acontecementos o fan  sospeitar de que está sendo observado e levanno a descubrir que dende o seu nacemento é o protagonista dun reality show e que todos os que consideraba amigos non son máis que simples actores.
Persoalmente pareceume unha película increible, que realmente fainos reflexionar sobre o mundo no que vivimos. A miña escena favorita do filme e a última escena na que Cristof, o director do reality show, trata de convenver a Truman de que se quede no programa alegando que él creou un mundo mellor o exclusivamente para él, pero Truman decide abandonar todo ese "circo" e comezar de cero a súa vida.
O show de Truman fainos pensar sobre a manipulación de todos os programas televisivos e sobre o morbosas que somos as persoas que aínda coñecendo que Truman esta vivindo nunha mentira seguen dandolle audiencia a ese programa para ver a intimidade de este pobre home. Onde estan os límites e a ética na programación televisiva? No ano do estreno da película este tipo de reality shows non podían concebirse como unha realidade pero, ocorre o mesmo actualmente? Todo comezou con programas como Gran Hermano ( o cal en España xa vai pola sua décimo cuarta edición) pero moitos destes programas xa non son capaces de satisfacer a poboación porque cada vez están máis manipulados e non dan a sensación de realidade que a xente demanda.  Por isto cada vez se da un paso máis neste tipo de programas, o último é gravar a vida de unha familia pobre co fin de que a xente poida ver as súas calamidades e o  seguinte podería ser gravar un "show de Truman". 
Pero, de quen é a verdadeira culpa de exista este tipo de programas televisivos? Dunha audiencia que os demanda ou dunhas empresas que a ofertan libremente? 
Na miña opinión é como a pescadilla que morde a cola, se á audiencia non lle interesase o tele-lixo as empresas de comunicación non crearían este tipo de programación televisiva xa que ninguén a vería ; e por outra banda se os medios de comunicación non a ofertasen a xente non tería a opción de vela ou non. Esto levame a pensar que a maior parte da culpa a ten a audiencia que por unhas razóns ou outras ( simpatizar cos concursantes, por morbo, por aburrimento,...) os demandan.


Se vos interesa o tema recomendo que leades varias páxinas webs:




No hay comentarios:

Publicar un comentario