V de Vendetta é o último filme que vimos en clase de TIC. Eu nunca a mirara e pereceume unha película increíble. Está ambientada nun futuro onde a sociedade británica languidece baixo a opresión dun réximen autoritario. Este filme fala de política,de liberdades perdidas e de como recuperalas.
Devido a este goberno totalitario, a sociedade está totalmente controlada ata o punto de que toda a información está manipulada polo este.
Este tema abre un debate sobre se é bo que o goberno ou as empresas podan controlar ou filtrar a información que chega aos cidadans para garantir unha maior seguridade na sociedade e ata que punto ten que haber liberdade de información nunha sociedade democrática.
Na miña opinión a información debería ser transparente é todo o mundo tería que poder enterarse do que de verdade pasa no mundo, xa que a manipulación ou filtración da información conleva que a xente pense o que lle convén ao goberno e non teñan información sufuciente para poder sacar as súas propias conclusions.

No hay comentarios:
Publicar un comentario