O Proxecto da Bruxa de Blair (The Blair Witch Project) foi unha película que vimos na clase de TIC pero que eu xa había visto fai varios anos. É un filme de terror psicolóxico de 1999 escrito e dirixido por Eduardo Sánchez e Daniel Myrick. O comezo da película pareceume un pouco aburrido pero o filme mantívome intrigada, o final desconcertoume moito, tanto que a primeira vez que vin o filme pensei que o dvd estaba estropeado e por iso rematara así. Recomendo a todo o mundo que a vexa, porque aínda que non da medo paréceme un merito facer unha película como esa con tan pouco presuposto. Esta película é importante porque foi a primeira película que se difundiu por internet e porque abriu as portas a todas as demais películas de falso documental que existen actualmente. Por internet a película difundíase en forma de anuncios facendo creer que o sucedido era unha historia real, os productores inventaron unha historia e unha mitoloxía mais alá do que mostra a película. Toda esta información publicábase nunha páxina web que era actualizada constantemente e que tivo un importante papel na hora de facer que a xente creera a historia.
O proxecto da bruxa de blair retrata a historia de tres xovenes que deciden facer un reportaxe sobre a famosa bruxa e para eso adentranse no bosque donde sucederon os feitos, o filme afirma que os xovenes non foron vistos nunca máis e que o único que se puido recuperar foron os vídeos que alí grabaron que foron atopados anos máis tarde.
TRAILER DA PELÍCULA- O proxecto da Bruxa de Blair.
TRAILER DA SEGUNDA PELÍCULA - O proxecto da Bruxa de Blair 2 : libro de sombras
No hay comentarios:
Publicar un comentario